lunes, 23 de septiembre de 2013

Precisamos redes novas...? (Actividade MMAF)


Estamos en pleno proceso de renovación e adquisición de material para EF e o resto de materias, e unha das necesidades máis evidentes na área de EF, é a de cambiar as redes das porterías de fútbol-sala.
Desta necesidade surxe a 1ª tarefa deste curso nas materias de Coñecemento e EF, e vai ser a elaboración,  en grupos de 3, dun "minidiario" (en word ou en folios), no que recollamos o proceso seguido ata o cambio das redes en cuestión. Habería que recoller polo tanto os seguintes puntos:
  1. Comprobar in situ o estado das redes e o material do que están feitas. 
  2. Analizar as causas do seu estado actual.
  3. Valorar a posibilidade de:   a) reparalas, ou   b) mercar unhas novas.
  4. En caso de optar pola opción "a", explicar como e con que materiais; e no caso de optar pola opción "b", buscar os tipos de redes que existen no mercado e continuar no punto 5.
  5. Comparar prezos en distintas webs ou catálogos de empresas distribuidoras. 
  6. Decidir que tipo de rede mercaríades, indicando o prezo final, e a empresa elixida para facer o pedido. (Indicar, se é posible, os prezos con IVE e gastos de transporte incluídos).
  7. Colaborar co mestre no cambio das redes.
  8. Aportar ideas para a reutilización das redes vellas e/ou proceder á sua reciclaxe.
  9. Propoñer un código de boas prácticas para evitar un deterioro prematuro das redes.
  10. Expoñer e presentar públicamente o traballo realizado (con gravación do acto de presentación na biblioteca).

Materias e/ou contidos que se traballan en cada punto do proceso:
  1. Coñecemento (A materia).
  2. Coñecemento (A materia e factores que a transforman).
  3. Cidadanía. Educación para o consumo.
  4. Cidadanía. Línguas. Informática.
  5. Cidadanía. Informática. Matemáticas.
  6. Cidadanía. Matemáticas.
  7. Cidadanía.
  8. Coñecemento. Educación para o consumo.
  9. Cidadanía. Língua.
  10. Língua.

FOTOS DA FASE DE COLOCACIÓN DAS REDES NOVAS NA PISTA DE CEMENTO, E DE REPARACIÓN DAS REDES VELLAS NA PISTA DE HERBA.(FEBREIRO 2014):










No hay comentarios:

Publicar un comentario