jueves, 1 de enero de 2015

As mulleres mandan...

Comezamos o ano recoñecendo o éxito das nosas deportistas no 2014. Parabéns!! 

posted from Bloggeroid

jueves, 19 de junio de 2014

Carreira de orientación... "in English" !!! (ACTIVIDADE MMAF)

O último día de clase volvemos a realizar nas dependencias exteriores do colexio unha nova carreira de orientación.

Esta vez as pistas que íamos atopando nos diferentes controis estaban en inglés. En total tivemos que localizar sete controis, onde a preparación física e os coñecementos en inglés resultaron primordiais para realizar o recorrido o máis rápido posible.

Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos:

 

lunes, 16 de junio de 2014

TAMÉN XOGAMOS A VOLEI !!!

Este curso incorporamos o volei aos deportes que xa practicabamos. Fixémolo a través do programa PEQUEVOLEY da Federeción Española de Voleibol.
Aquí podedes ver algunhas fotos das sesións:










domingo, 15 de junio de 2014

Carreira de orientación (ACTIVIDADE MMAF)

O mércores 11 de xuño, como actividade final dotraballo documental que realizamos sobre as árbores do noso patio, organizamos unha carreira de orientación con 12 puntos de control nos que o alumnado, repartido en grupos, ía buscando pistas para resolver un enigma que resultou ser a seguinte frase "Facer exercicio físico é bo para o noso corpo e para a nosa mente". 


Pincha no plano para ver toda a info e as fotos.