sábado, 30 de marzo de 2013

INVESTIGUEMOS sobre o FLOORBALL


Aquí tedes o seguinte traballo de EF a realizar antes de fin de mes (abril).



TRABALLO DE INVESTIGACIÓN
SOBRE O FLOORBALL
______________


Normas de formato:

  1. Empregaranse folios A4 brancos.
  2. Farase a bolígrafo ou mecanografiado.
  3. O traballo terá unha portada co título e os datos persoais do alumno., e tamén unha contraportada.
  4. Debe haber un índice numerado.
  5. As páxinas estarán numeradas.
  6. Non pode ter máis de 4 páxinas.
  7. Presentarase ben grapado, sen follas soltas.
  8. Pódense incluir fotos ou debuxos relacionados coas preguntas do traballo.


Contido do traballo:
O traballo consiste en averiguar a resposta a varias preguntas acerca do floorball:


  1. Cando, como, e onde surxe?
  2. Cal foi o primeiro país europeo no que se xogou a este deporte?
  3. Que material se precisa para xogar?
  4. Número de xogadores en cancha.
  5. Cantos tempos ten un partido, e cantos minutos ten cada tempo?
  6. Que accións se consideran como falta?
  7. Que outros deportes similares coñeces?
  8. Xogaches algunha vez? Gústache?


Datas de entrega: 29 e 30 abril de 2013.


1 comentario: